"14 NAVES INDUSTRIALES, ARDEN EN UN INCENDIO ENTRE "ARTEIXO E A CORUÑA", CERCA DE LA REFINERIA. "LAS LLAMAS LLEGARON A ALCANZAR MÁS DE LOS 30 METROS".

"Un incendio calcina 14 naves,

entre Arteixo e A Coruña".

"O lume, que se estendeu polos tellados, comenzou á unha da madrugada, e non foi controlado ata as oito da mañán. Dezaséis veciños foron evacuados, e calcúlase que cen persoas poderían perder o seu traballo".

"Un bombeIro, no polígono".

"11.05.2009."Un incendio declarado, onte no polígono industrial A Artística, na zona de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, calcinou 14 das 18 naves industriais, do lugar e causou cuantiosos danos noutras dúas. O lume comezou de madrugada, na parte central do recinto por causas que se descoñecen, e propagouse a través da cuberta".

"As lapas alcanzaron os trinta metros de altura, e provocaron explosións, segundo os veciños. Por sorte, non houbo que lamentar feridos. O garda se segurida de do polígono deu o aviso aos Bombeiros de Arteixo, ás 00.50 horas, pero debido á magnitude do foco, finalmente acudiron ao lugar do sinistro, os Bombeiros de, Cambre, Carballo e A Coruña, así como efectivos da Garda Civil, a Policía e Protección Civil, de boa parte da comarca".

"A ubicación das naves, no límite entre A Coruña e Arteixo, nas proximidades da refinería coruñesa, xenerou certa confusión entre os servizos de emerxencia. Os veciños censuraron a tardanza dos Bombeiros coruñeses, que chegaron ás 2.30 horas. Algúns propietarios, como Manuel Vázquez, incluso amosaron a súa intención, de denuncialos".

"Os equipos de extinción, traballaron durante toda a noite, para sufocar as lapas. Dezaséis veciños de tres vivendas da estrada de Nostián foron evacuados, á explanada de Repsol ás 3.10 horas pola ameaza do lume, que chegou a acariciar os seus domicilios".

"Unhas catro horas despois puideron regresar, aos seus fogares. Ás oito da mañán o incendio xa estaba controlado, anque os Bombeiros permaneceron no polígono, todo o día realizando tarefas de refrixeración, ante o temor de que os rescoldos, xeneraran novas lapas. A vixiancia manterase durante esta noite. A estrutura do polígono, moi danada, presenta risco de derrube".

"Numerosos propietarios e traballadores do polígono, foron chegando á zona ao longo do día para comprobar, se os seus negocios resultaran danados. Calcúlase que unhas cen persoas poderían perder os seus postos de traballo, e as perdas materiais foron moi elevadas".

"Ademais, o lume calcinou varios automóviles, que estaban estacionados no interior dalgunhas naves, o que tamén contribuir a estender, as lapas."Se o lume chega ao noso local, de produtos farmacéuticos, sería pior", sinalou Antonio Molejón".

"Os productos textís, o cartón, diversa maquinaria e os elementos plásticos, acrecentaron o lume. "Está a vista que isto foi un verdadeiro desastre, unha ruina, a ver que imos facer agora", explicou José Antonio Muñoz, traballador nun local de venda de roupa ao por maior que quedou calcinado por completo".

"Apoio da refinería".

"Nas tarefas de extinción do lume os Bombeiros, empregaron a boca de rego da refinería, situada a 500 metros da Artística, ante a inexistencia dunha no polígono, o que foi censurado polos veciños".

"É unha vergonza, non teñen medidas de seguridade. Non teñen nin auga", sinalou Manuel Mosteiro, un dos veciños evacuados. Mosteiro criticou a "falta de coordinación total", dos servizos de emerxencia, que "tardaron máis de hora, e media en reaccionar".

"Na súa opinión, "os que solucionaron o problema, foron os traballadores da refinería", que facilitaron o acceso á auga. "Houbo unhas explosións tremendas. E saíron voando máis de cen foguetes de material pirotécnico almacenado", concluiu".

"Varios técnicos da Consellería de Medio Ambiente, desprazados ao lugar certificaron que o incendio, "non provocou emisións tóxicas".

"Se o vento chega a vir do oeste isto é unha desgraza"

"Foi impresionante, pasamos moito medo", sinalou manuel Mosteiro, un dos 16 veciños que foron evacuados pola proximida de das lapas aos seus domicilios. Segundo o seu testemuño, o vento sopraba do nordés, pero "se o vento chega a vir do oeste isto é unha desgraza".

"As tarefas de extinción, provocaron que o seu garaxe quedase anegado, pola auga, unha situación "habitual" que se repite cando, hai chuvias fortes na zona. "En Meicende estamos sen alcantarillado, sen boca de corte de incendios e os camións pasan para a refinería con mercancías perigosas por unha estrada que asfaltamos os veciños", explicou".

"O polígono non ten as medidas de seguridade preceptivas", engadiu, xa que "a licenza deulla o Concello da Coruña, cando estaba Paco Vázquez, despois de que en Arteixo lla denegaran".

Comentarios

Entradas populares de este blog

"EL GOLFISTA INGLÉS, "LUKE DONALD", GANA EL "PGA CHAMPIONSHIP" Y SE PROCLAMA NÚMERO UNO DEL MUNDO".

"DE VACACIONES EN EL CARIBE". "CON 27 AÑOS, PARECE QUE ESTÁ, EN EL "MORPHING GEORDIE"."KIMBERLEY SE ENCUENTRA TRABAJANDO".

"LINDSAY LOHAN", SEMIDESNUDA, REALIZA SU "POSADO" MÁS CONTROVERTIDO". "LO HA HECHO PARA LA REVISTA "MUSE".